miércoles, 14 de junio de 2017

VISITA DE SOTAVENTO

Hoxe viñeron a visitarnos os chicos e chicas que traballan en Sotavento. Ensináronnos como funciona a enerxía solar, a hidraúlica e a eólica, xunto cos seus beneficios para o medio ambiente. Tamén nos ensinaron como funcionaría unha central térmica e o seu compoñente principal, o carbón. Achegáronnos moitos aparatiños moi interesentes e dende logo moi divertidos. Finalmente rematamos esta sesión tan amena tomando un chocolate quentiño feito na cociña solar. Moitas grazas por todo, os nen@s e as profes quedamos encantadísimas de dita visita, foi moi chula!!!. E sobretodo aprendimos a importancia de coidar do medio ambiente, e algúns conselliños para levar a cabo nas nosa casas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario