martes, 15 de diciembre de 2015

RESUMO DO 1º TRIMESTRE

Este é o ano de Manuel María no noso cole polo Samaín traballamos o seu poema do Lobo formando un puzzle e elaborando un mural do mesmo, podedes observalo nas escaleiras da biblioteca ou consultando o blog da Bibliocaxado.

 Comezamos o trimestre facendo un mural e dramatización do conto de Eu non quero ser un polbo!,  para elo requerimos complementos, maquillaxe e por suposto moi bo humor.




 A partir do conto de Xaime e landras acordamos tamén plantar un landra e a ver se temos sorte e observamos brotar un pequeniño carballo.








Finalmente e para rematar un duro trimestre decimos relaxarnos co conto da Araña e máis eu e unha música de fondo. Onde por parellas íamos sinalando e agarimando as diferentes parte do corpo. E ademáis debuxamos o que nos suxería ese placentero momento.