O anuncio o día 22 do peche do cole do Monte Caxado, pensei nun primeiro momento que se trataba dunha broma. Non o podía crer, pero finalmente esta triste noticia, era unha realidade.
Pasei alí oito anos inolvidables nos que deixei unhas tartaruguiñas creativas, activas, pero sobre todo moi ilusionadas e esperanzadas en que fose este cole o que asentase o seu futuro. Tamén deixei outra clase a do Polo Pepe, unhos chicos marabillosos, pois xa, iniciaron aquí a secundaria obligatoria. Penso en estes nen@s que tiven a FORTUNA de traballar con eles e coas súas familias e sinto moita pena de que non se lles escoite, a estes nen@s, e todos os nen@s, pais,nais e compañeiros que ven truncada a súa vida e os sentimentos por unha decisión dunhas autoridades políticas que non coñecen a situación emocional deste centro e dende logo non tiveron a dicha, como tiven de eu, de coñecela de preto.
QUE A SORTE VOS ACOMPAÑE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario