martes, 31 de enero de 2012

O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o día da paz na escola. Comezamos a mañá repartindo besos e abrazos polas clases de infantil como símbolo de facer a paz e non a guerra. Despois do recreo a profe Marita preparou unhas cancións en Inglés, Galego e Castelán para cantar no patio do colexio. Tamén intentamos facer voar o globo que elaborou o profe José Maria pero finalmente por culpa do vento o globo ardeu, o próximo ano conseguirémolo.



MÚSICA ÁRABE

Deixámonos envolver pola fermosura da música árabe. Así foi como animamos aos nen@s de catro anos a poñer en práctica os pasos da danza do vientre que Vanesa nos ensinou.

 
A música árabe tamén a empregamos en exercicios de relaxación.

 

 

jueves, 26 de enero de 2012

O AIRE QUE RESPIRAMOS

Nesta xornada lembramos que entre os compoñentes fundamentais do aire está o nitróxeno e o osíxeno, fixemos a molécula de N2 e O2 con plastilina. Despois visualizamos un vídeo para compreder mellor o funcionamento do aparato respiratorio e fixemos un experimento que permite entender moi ben como funcionan os pulmóns. E xa para rematar saímos ao patio para sentir o vento e sinalar a súa direccionalidade.


ALFOMBRA MÁXICA

Por todos é coñecido a calidade e fermosura das alfombras persas. Despois de velas en fotografías que achegamos a aula. Comprobamos como estaban formadas de multitude de figuras xeométricas (cadrados, círculos, rectángulos, triángulos,...). Absortos en tanta beleza decidimos transportarnos ao igual que Aladino nas alfombras máxicas. Convertimos cadrados en rectángulos, cadrados en triángulos, rectángulos en cadrados,...foi moi divertido e axudounos a comprender mellor todos estes conceptos.


MURAL MERCADO PERSA

Por fin, rematamos o mural do mercado persa.


domingo, 22 de enero de 2012

VISITA DUNHA PRINCESA PERSA

Cando chegou a aula esta visita tan especial, os nen@s pensaron que era unha princesa que viña dun palacio de moi lonxe. Vanesa que é prima de Xairo e mestra de danza do vientre deixounos abraiados a todos coa súa actuación. Pasámolo xenial!!, aprendimos unhos pasos e despois bailamos ao son desa fermosa música. A clase encheuse de público, os nen@s de catro, de cinco anos e tamén os de segundo disfrutaron da súa exhibición, e tamén poidemos poñer en prácticas os movementos que Vanesa nos ensinou. Por riba agasallounos con un bonito detalle, ¡¡¡Moitas gracias!!!.



O AIRE OCUPA ESPACIO

COMPOÑENTES DO AIRE

Despois de visualizar os vídeos que nos explicaban os compoñentes principais do aire. Descubrimos que o osíxeno e o nitróxeno eran os máis destacables, entón comezamos a traballar coas moléculas O2 y N2. Inflamos dous globos azuis (O) y dous vermellos (N). Os nenos de catro que xa son un expertos científicos quixeron acompañarnos nesta aventura de iniciación á ciencia. Xogamos libremente coas moléculas de N e O e a continuación fixemos dous equipos dos científicos de 3 anos e os científicos de 4 anos. A regra consistía en que as moléculas tiñan que estar sempre no aire. Aos que se lles caese ou agarrasen perdían puntos. Finalmente para rematar a xornada do aire saímos cos muíños a fóra para sentir o vento.


ORGANIZANDO O MERCADO

Continuamos organizando o proxecto e para iso puxemos ao noso alcanze as mellores vestimentas para convertirnos en mercaderes, princesas, camelos, califas, mendigos, encantadores de serpes e incluso cocodrilos. Dispoñémonos a preparar a decoración dun gran mural e como o máis imprescindible para mercar son as moedas, precisamos elaborar unhas de prata.


sábado, 21 de enero de 2012

jueves, 12 de enero de 2012

ESTELA PERSA

Os persas no século III e IV a.c. utilizaban outros medios de comunicación distintos a internet, a televisión ou a radio, levantábanse grandes estelas cando quería anunciar e informar dalgún feito inaudito e grandioso e digno vanagloriar . 


estela de chalouf


Nós tamén quixemos deixar constancia do nosas grandiosas obras no colexio.



NOME ÁRABE


Inmersos no imperio Persa comezamos o proxecto traballando o nome en árabe, quedounos moi chulo!


CONTO O MERCADO PERSA

Despois de visualizalo conto do Mercado Persa debuxamos inspirándonos na música que invita a participar a princesas, califas, camelos, mendigos, mercaderes, encantadores de serpe e saltinbanquis.



VISITA AO INVERNADOIRO

Despois de plantar noces en Outono cando as íamos levar ao invernadoiro do cole para que medrasen máis fortes atopámonos con que as macetas xa non tiñan semente, posiblemente os ratiños fixeron o seu propio magosto, volvemos a plantalas e veremos cal é a súa evolución


O INVERNO

O inverno chegou e a árbore de outono tivemos que transfórmala en Inverno. Unhos toques de cor e listo.










jueves, 5 de enero de 2012