sábado, 27 de julio de 2013

ANIVERSARIO DE DORA, SALETA, ALBA, ADRIÁN E XAIRO.

Parabéns!!! a estes pequechos que xa teñen 5 aniños. Celebramos o cumple por todo o grande, amasamos e fixemos unhas pizzas boísimas, comimos un biscoito riquísimo, deleitamos o paladar cun esquísito chocolate que sobrou despois de facer cada un a súa casita. Agradecer a estos pais tan artistas que sin a súa colaboración non sería posible facer un día tan especial e inesquecible. Moitas gracias!!!






ASTRONAUTAS

A maioría dos astronautas da clase de 4 anos quixeron despegar no cohete. Este traxe tan chulo fixérono coa profe María en atención educativa. 10, 9,8,7,.....




A NOITE ESTRELADA DE VAN GOGH

Como sabedes na nosa clase somos capaces de convertirnos en astronautas, paleontólogos, médicos e por suposto pintores. Nesta ocasión quixemos reproducir uns dos cadros máis famosos de Van Gogh. Quedaron chulísimos.

HORA DA LECTURA

Despois da merenda tódolos días eleximos ese libro ou conto que no apetece ler dun modo individualizado ou incluso facer de contacontos. Da gusto ver como día a día disfrutamos máis da lectura.