sábado, 17 de diciembre de 2011

FELICITACIÓN DE NADAL

A clase das tartarugas desexa a toda a comunidade educativa (pais/nais, profesorado e personal non docente) do C.P.I. MONTE CAXADO unhas ¡FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO!


viernes, 16 de diciembre de 2011

jueves, 8 de diciembre de 2011

MURAL DE NADAL

Os nenos de Infantil elaboraron este fermoso mural con ánimo de desexar un BO NADAL a toda a comunidade educativa. Os de cinco anos realizaron as casiñas, os de catro as árbores e nosoutros os bonecos de neve e o toque final, ¡agora veredes!.




sábado, 3 de diciembre de 2011

PREPARATIVOS PARA O NADAL

Como o Nadal estase achegando, na nosa clase estamos moi atarefados en elaborar murais, carteis, en dispoñer todos os medios para que tanto Papa Noel como os Reis Magos esteñan satisfeitos co noso traballo e dese xeito saiban recompensarnos.



CUMPLE DE MANUEL, SARA PRIETO, ÉRIKA E CYNTHIA

Este xoves pasado celebramos o aniversario destes catro nen@s que xa teñen tres aniños, ¡¡OS MEUS PARABÉNS!!. Pasámolo xenial, fixemos un biscoito, palmeriñas ou máis ben roliños de hoxaldre. A verdade e que estaba todo tan bo que non deixamos nin a proba para os que se achegaron a aula seguindo o rastro do ulido.