miércoles, 25 de diciembre de 2019

REIS MAGOS

As súas maxestades o Reis Magos tiveron a amabilidade de achegarse ao noso cole e recoller personalmente as cartas dos nosos nen@s. Estamos todos moi emocionados, MOITAS GRAZAS REIS!!!





sábado, 21 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL

TRES REIS EN BICICLETA

CHOCOLATADA

Despois dunha actuación estelar necesitamos repoñer forzas e nada mellor que un saboroso chocolate cuns biscoitos.




ADORNOS DE NADAL

Dentro do proxecto de eliminación dos plásticos do cole, e concretamente enmarcado na estación de Outono, eleximos realizar na clase un BOTE DE OUTONO e decorar unha pinareta para o árbol de Nadal das nosas casas.






jueves, 19 de diciembre de 2019

A MASCOTA VIAXEIRA E CARLA

A nosa mascota está supercontenta coas súas botiñas novas tan bonitas. Agora xa non se lle enfrían os pés e pode saltar nos charcos. MOITAS GRAZAS CARLA E FAMILIA!! tivechedes unha brilante para este crudo inverno. 

domingo, 15 de diciembre de 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA

Os nosos pequenos masterchef fixeron unhas galletiñas de Nadal que estaban moi saborosas. Así como un refrescante zume de laranxa. Foi unha xornada e experiencia moi divertida. Moitas grazas papás, mamás e avoas.



ADORNOS DE NADAL

Moitas grazas familias polos vosos adornos, lucen fermosos na árbore do cole. GRAZAS!!!

A MASCOTA VIAXEIRA E MARTIÑO

A nosa mascota xa pode saudar, dar apertas, agarimos,...xa ten mans e brazos. MOITAS GRAZAS MARTIÑO E FAMILIA!!!. Estanos quedando xenial!!!

CUMPLE DE EVELYN

A máis pequerecha da clase xa cumpliu tres aniños. PARABÉNS EVELYN!!!



domingo, 8 de diciembre de 2019

DÍA DA DISCAPACIDADE

Todos os coles de Vilalba puidemos conmemorar un día tan especial e emotivo. Os nenos do Insua Bermúdez representaron e cantaron a canción Ven conmigo con linguaxe de signos e recitaron unha fermosa poesía coa axuda duns carteis que eles mismo elaboraron con pictogramas. Os nen@s presentes no acto deixamos a nosa estreliña como mostra de que todos ainda que somos iguais temos as nosas propias peculiaridades que fan que sexamos únicos e diferentes. 






DESCUBRIMOS AS MENSAXES

Cunha vela encendida pola parte de atrás do papel fumos descifrando a mensaxe oculta do zume de limón. Por falta de tempo soamente descubrimos unha. Levaredes para a casa cada un o seu para realizar este experimento con tranquilidade e coa axuda de papá ou mamá.


A MASCOTA E PABLO

A nosa mascota cada día parécese máis ao monstro do cores namorado. Agora Pablo coa axuda da súa familia púxolle os peliños de arredor e deixouna superchuli!!. MOITAS GRAZAS PABLO E FAMILIA.

lunes, 2 de diciembre de 2019

FESTA DE OUTONO

Para finalizar o Outono nada mellor que facer un festa, que no serviu para diferenciar entre froitos secos e carnosos. E tamén descubrir como algún dos menos comedores lles encanta un froito seco tan nutritivo como a noz e carnoso como a mazá.



MENSAXE OCULTO










O venres pasado para aproveitar un limón dos que trouxo Iago, exprimimos un limón e deixamos unha mensaxe oculta co seu zume que despois de seque conseguiremos descifrar. Non perdades detalle!!!