jueves, 31 de octubre de 2019

RECANTO DA CALMA

Dín que despois da tormenta chega a calma. Nos dicimos despois do medo chega a calma. Comezamos a traballar en este recunchiño. Primeiro centrámonos na música xa que vai ser un elemento imprescinble para sentirnos ben tranquiliños. Calquera achega que se vos ocorra en relación coa calma será moi ben acollida. GRAZAS.


ZOMBIS TENEBROSOS

Os zombis tenebrosos están ben bailaríns,...deixámovos a nosa actuación para a que disfrutedes coma nós.

SAMAÍN

QUE HORROR!!! Os zombis invanden o noso cole nesta xornada de festa.


lunes, 28 de octubre de 2019

CABAZA, CABACIÑA

Arañas, piratas, esqueletos, bruxas, cabazas faladoras,...invanden o noso cole. Canto traballaron estes peques con seus papás. Quedáronvos chulísimas!!!





CONTAMOS HISTORIAS DE MEDO ENTORNO AS NOSAS CABAZAS.





lunes, 21 de octubre de 2019

DESBOTAMOS O MEDO

Librámonos dos nosos medos soprando con moita forza. Este exercicio ademáis de divertido e simbólico, ten como finalidade traballar os órganos fonadores que favorecen a fala.




RECANTO DO MEDO


Continúamos traendo un montón de cousiñas simpáticas e TERRORÍFICAS. Moitísimas grazas pola vosa colaboración. GRAZAS, GRAZAS,GRAZAS,...





 Vos atrevedes a entrar no noso recunchiño do medo???

CUMPLE DE MANUEL

Este peque xa cumpriu tres aniños, PARABÉNS MANUEL!!!


miércoles, 16 de octubre de 2019

SAMAÍN




Estamos preparando o Samaín e que será? que será? a nosa caixa de panos. Non perdades detalle e veredes e que ou en quen se vai convertindo.

PABLO DÍAZ

Onte visitamos a Biblioteca municipal e tivemos unha gran sorpresa. Un concerto de PABLO DÍAZ, disfrutamos moito coas cancións do álbum TOC TOC. Foi moi divertido!!!






lunes, 14 de octubre de 2019

BIBLIOTECA

Hoxe foi o noso primeiro día de Biblioteca. Foi moi emocionante descubrir un novo espazo do noso cole con tantos contos onde poder escoller. Que cariñas de entusiasmo!!!




ÁRBORE DE OUTONO

O venres estivemos poñendo o noso gran de area para o mural do cole. Estampamos as cores das follas de outono con círculos de plástico de burbullas. 







CUMPLE DE ANTÓN

 PARABÉNS ANTÓN!! estes peques xa van sendo supermaiores. Desexo que disfrutarás moitísimo deste día tan especial.





jueves, 10 de octubre de 2019

ACHEGAMOS MATERIAIS

Comezan as achegas de materiais. QUE MEDO!!!