miércoles, 30 de marzo de 2016

RESUMO DO SEGUNDO TRIMESTRE DE ATENCIÓN EDUCATIVA

O primeiro conto que traballamos este trimestre foi o de Imos cazar un Oso que lles encantou xa que puidemos ir polo cole (sen medo) a procura de dito animal.






A PAZ traballámola a través da dramatización dos contos de Brancos e Negros, Unha manchea de bicos, e colaborando  no mural de Está chovendo paz.

En calquera teatro que se preste antes actuar é preciso maquillarse.




Nosoutros soamente nos manifestamos a favor do amor, da amizade e o respeto. E por iso imos repartindo bicos e abrazos gratis.


En definitiva, nosoutros o que reinvindicamos é a PAZ.