lunes, 26 de junio de 2017

NON AO PECHE DO MONTE CAXADO

O anuncio o día 22 do peche do cole do Monte Caxado, pensei nun primeiro momento que se trataba dunha broma. Non o podía crer, pero finalmente esta triste noticia, era unha realidade. 

 Pasei alí oito anos inolvidables nos que deixei unhas tartaruguiñas creativas, activas, pero sobre todo moi ilusionadas e esperanzadas en que fose este cole o que asentase o seu futuro. Tamén deixei outra clase a do Polo Pepe, unhos chicos marabillosos, pois xa, iniciaron aquí a secundaria obligatoria. Penso en estes nen@s que tiven a FORTUNA de traballar con eles e coas súas familias e sinto moita pena de que non se lles escoite, a estes nen@s, e todos os nen@s, pais,nais e compañeiros que ven truncada a súa vida e os sentimentos por unha decisión dunhas autoridades políticas que non coñecen a situación emocional deste centro e dende logo non tiveron a dicha, como tiven de eu, de coñecela de preto. QUE A SORTE VOS ACOMPAÑE.

FESTIVAL FIN DE CURSO










PASEO AO RÍO







Despois dunha boa camiñata puidemos disfrutar de xogos ao aire libre.

lunes, 19 de junio de 2017

VISITA AO PLANETARIO





POMPAS DE XABÓN E DE MEL

Na última xornada dos científicos mariños quixemos divertirnos facendo exercicios de soplo. Pero antes tivemos que descubrir a formula secreta de como facer POMPAS. Fixémola con Fairy e glicerina e tamén con Fairy e mel. Mirade o resultado!!!

miércoles, 14 de junio de 2017

VISITA DE SOTAVENTO

Hoxe viñeron a visitarnos os chicos e chicas que traballan en Sotavento. Ensináronnos como funciona a enerxía solar, a hidraúlica e a eólica, xunto cos seus beneficios para o medio ambiente. Tamén nos ensinaron como funcionaría unha central térmica e o seu compoñente principal, o carbón. Achegáronnos moitos aparatiños moi interesentes e dende logo moi divertidos. Finalmente rematamos esta sesión tan amena tomando un chocolate quentiño feito na cociña solar. Moitas grazas por todo, os nen@s e as profes quedamos encantadísimas de dita visita, foi moi chula!!!. E sobretodo aprendimos a importancia de coidar do medio ambiente, e algúns conselliños para levar a cabo nas nosa casas.


lunes, 12 de junio de 2017

XOGOS MATEMÁTICOS

Continuamos con novos xogos matemáticos, neste caso temos algas distribuidas pola clase en función do seu número. Cada un temos asignado un número na cariña e cando pare a música temos que atopalos. Aproveitamos tamén para facer exercicios ximnásticos (saltar a pata coxa, cos dous pés,...) e función do número que vaia saíndo.








ANIVERSARIO DE FABIÁN

PARABÉNS FABIÁN!!! Nunhos días cumples 4 anos e espero que o disfrutes tanto o máis que no cole. Xa somos todos moi maiores....

jueves, 8 de junio de 2017

POR QUE SE FORMAN AS OLAS??

Os científicos mariños fixeron as hipóteses correspondentes e despois escoitamos un conto que leva por título A Ola. Nel se explica moi ben a orixe da olas e máis o ciclo da auga.

Con este experimento ademáis de coñecer como é a formación das olas, facemos exercicios de soplo, moi importantes para traballar a articulación de fonemas.



A continuación seguimos con exercicios de soplo, pero tamén traballamos os colores primarios e cal é o resultado despois de facer a súa mezcla.












miércoles, 7 de junio de 2017

EXPOSICIÓN DE VOZ NATURA

A semana pasada estivo exposto en Voz Natura na Coruña unha mostra do noso proxecto conxunto O MAR. Mirade que chulo quedou!!!

ANIVERSARIO DE DIEGO

Parabens Diego!!! Prontiño cumpres 4 aniños pero no cole non quixemos deixar pasar a ocasión de celebralo cos amig@s. Tiven un problema coa camara e soamente recuperei esta foto, espero poder repetilas noutra ocasión. Perdoade!!!



lunes, 5 de junio de 2017

A PESCAR TROITAS

A saída foi moi divertida, pescamos e aproveitamos para recoñecer algunhas das partes dun peixe óseo, como as branquias e as aletas.

PESCAMOS NÚMEROS

Ao mesmo tempo que identificamos números tamén traballamos a pinza, mentras nos divertimos

viernes, 2 de junio de 2017

ACTIVIDADE DE RELAXACIÓN


Escoitamos o son do mar mentras imos aprendendo a diferentes partes do corpo.

NADARÍN

Cunha pataca estivemos estampando a Nadarín e a os seus amiguiños vermellos.