martes, 20 de noviembre de 2012

O APARATO DIXESTIVO

Como sabemos o proceso da dixestión comeza pola boca. Reproducimos a función dos dentes; empregando os coitelos cortamos a plastilina e o pan coma se fosen os dentes incisivos, desgarrando coas mans fixemos a tarefa dos caninos e triturando a dos molares. A continuación repartimos pan de molde e realizamos os mesmos movementos pero cos nosos dentes e finalmente coas mans manipulamos un cachiño de pan hasta conseguir o bolo alimenticio.


A continuación o bolo alimenticio que fixemos triturando o pan con auga (saliva) introducímolo no esófago e observamos como chegaba ao estómago.






Despois do estómago a dixestión continua no intestino delgado e no groso. Decidimos comprobar o tamaño dos intestino paseando por enriba dunha corda e unha cinta métrica de 10 metros. Mirade que grandes equilibristas!!!










Manipulamos o esófago, fígado, e os intestinos grosos e delgados.


E xa para rematar coa xornada máis científica observamos como o bolo alimenticio que introducimos polo esófago e polo estómago saíu en forma de residuos fecais polo ano.





1 comentario: