A continuación fixemos diferentes obradoiros, no primeiro fixemos unha disección do corazón e descubrimos as aurículas, ventrículos e válvulas. Noutro recuncho utilizamos diferentes unidades de medida para comprobar o que ocupan 5 litros de sangue que percorre o noso corpo. Tamén establecemos a diferencia entre sangue con osíxeno (vermella) e sangue con dióxido de carbono (azul).
E xa por último a profe Ángeles preparou un experimento no que observaba con claridade as catro partes do corazón, dúas auriculas e dous ventrículos e comprobaron como tanto a sangue con dióxido de carbono como a sangue con osíxeno entraba e saía continúamente do corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario