martes, 20 de noviembre de 2012

ÉRASE UNA VEZ LA VIDA...LA DIGESTIÓN

O APARATO DIXESTIVO

Como sabemos o proceso da dixestión comeza pola boca. Reproducimos a función dos dentes; empregando os coitelos cortamos a plastilina e o pan coma se fosen os dentes incisivos, desgarrando coas mans fixemos a tarefa dos caninos e triturando a dos molares. A continuación repartimos pan de molde e realizamos os mesmos movementos pero cos nosos dentes e finalmente coas mans manipulamos un cachiño de pan hasta conseguir o bolo alimenticio.


A continuación o bolo alimenticio que fixemos triturando o pan con auga (saliva) introducímolo no esófago e observamos como chegaba ao estómago.






Despois do estómago a dixestión continua no intestino delgado e no groso. Decidimos comprobar o tamaño dos intestino paseando por enriba dunha corda e unha cinta métrica de 10 metros. Mirade que grandes equilibristas!!!










Manipulamos o esófago, fígado, e os intestinos grosos e delgados.


E xa para rematar coa xornada máis científica observamos como o bolo alimenticio que introducimos polo esófago e polo estómago saíu en forma de residuos fecais polo ano.





APARATO DIXESTIVO

Preme na imaxe e atoparás unha explicación didáctica sobre o aparato dixestivo.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

ÉRASE UNA VEZ LA VIDA...LOS RIÑONES

EL APARATO EXCRETOR

VISITA A CASA DO HOME

Nesta visita reforzamos moitos dos coñecementos que xa tiñamos sobre o corpo humano. Vimos a evolución dun embrión dende os primeiros días ata o momento  do parto. Escoitamos os latexos do corazón, comprobamos distintos tipos de sabores, olores, texturas,...participamos en diferentes experimentos científicos,... Chegoúnos o tempo a pouco, foi moi divertido!!!

MAGOSTO

Un ano máis celebramos o Magosto, comemos castañas, participamos en xogos que organizou o profe Pedro, pasámolo xenial!!!.


miércoles, 7 de noviembre de 2012

APARATO CIRCULATORIO

Nun primeiro momento quixemos sentir o corazón latexar con forza. Por iso botamos unhas carreiras e logo ao chegar a clase reproducimos eses ritmos coas palmas e cos pés.





A continuación fixemos diferentes obradoiros, no primeiro fixemos unha disección do corazón e descubrimos as aurículas, ventrículos e válvulas.
Noutro recuncho utilizamos diferentes unidades de medida para comprobar o que ocupan 5 litros de sangue que percorre o noso corpo. Tamén establecemos a diferencia entre sangue con osíxeno (vermella) e sangue con dióxido de carbono (azul).



Neste recanto estivemos reproducindo arterias e venas con plastilina.


No cuarto recanto escoitamos o corazón cun Fonendo.



E xa por último a profe Ángeles preparou un experimento no que observaba con claridade as catro partes do corazón, dúas auriculas e dous ventrículos e comprobaron como tanto a sangue con dióxido de carbono como a sangue con osíxeno entraba e saía continúamente do corazón.






CUMPLE DE TEO, XALO, XOEL E MANUEL

PARABÉNS!!! Para estes nenos que xa celebran catro aniños. Xa son moi maiores!!! 
Coa colaboración das mamás fixemos un biscoito e unhas galletas que estaban boísimas.

CONCURSO DE MICOLOXÍA

Canto traballaron estes nen@s!!! Mirade que seta máis chula nos quedou.

sábado, 3 de noviembre de 2012

O SAMAÍN

Nun primeiro momento estivemos na clase de 5 anos escoitando e contando contos terroríficos e logo a volta do recreo o bruxo Paco levou a cabo o conxuro e queima de todos os medos dos nen@s do colexio.

O COMEMEDOS

Na biblioteca do centro estábanos esperando un personaxe moi especial, O COMEMEDOS. Nosoutros fumos a levar alí os nosos medos para que nunca máis teñamos esos pesadelos que nos atemorizan.

viernes, 2 de noviembre de 2012

VISITA DA MAMÁ DE DORA

A mamá de Dora veunos visitar e descubrimos rápidamente o motivo da súa presencia na asamblea. Axudoúnos a comprender como a pesar de que non ten a barriguiña grande tamén ten un bebé no seu interior, que pode ser do tamaño dunha faba o quizais xa medrou un pouquichiñlo máis. Pois como observamos na ecografía xa ten cabeziña, e comenzan a saír a extremedidades, observade o vídeo!!!.
 Moitas gracias pola túa visita e ata sempre!!!!