sábado, 25 de febrero de 2012

PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Este xoves traballamos a presión atmosférica a través de dous experimentos; no primeiro enchimos un vaso de auga e comprobamos que ao poñer unha tapa e darlle a volta o contido non se vertía. Tamén fixemos unha fonte cunha botella de auga furada ao taparse deixa de verter a auga e a abrila observamos que comeza a sair auga polo furado.

Ademáis comprobamos o osíxeno que había dentro de cada bote. Contamos os segundos que perdurou acesa a vela dentro do bote pequeno (7 segundos) e os segundos que se mantivo prendida a vela dentro do bote grande (44 segundos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario