domingo, 5 de febrero de 2012

A FORZA DO AIRE

Esta semana traballamos a forza do aire, no primeiro experimento intentamos mover diferentes rotuladores, lápices e tarxetas a través do soprido e tamén empregando unha palliña.
No seguinte experimento como convertimos o aire en vento. Fixemos burbullas de aire dentro da auga e tamén unha forte oleaxe.
 
A continuación intentamos crear diferentes formas divertidas e creativas simplemente soprando a través dunha palliña.
 

E xa para finalizar a xornada máis científica, creamos un avión a reacción, e botamos unha carreira para comprobar si avanzaba máis o globo ou nosoutros.
 

1 comentario:

  1. Están chulísimos asi vestidiños, e canto aprenden. Eu apúntome a esta clase.Bicos.

    ResponderEliminar