sábado, 25 de febrero de 2012

ANTONI TÀPIES

Despois de observar diversos cadros averiguamos que un dos materiais que utiliza é a terra. En consecuencia puxémonos máns a obra e diriximos en busca de dito material, preparámolo, remexímolo para levar a cabo os nosos propios cadros que levan por título o nome do artista.



PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Este xoves traballamos a presión atmosférica a través de dous experimentos; no primeiro enchimos un vaso de auga e comprobamos que ao poñer unha tapa e darlle a volta o contido non se vertía. Tamén fixemos unha fonte cunha botella de auga furada ao taparse deixa de verter a auga e a abrila observamos que comeza a sair auga polo furado.

Ademáis comprobamos o osíxeno que había dentro de cada bote. Contamos os segundos que perdurou acesa a vela dentro do bote pequeno (7 segundos) e os segundos que se mantivo prendida a vela dentro do bote grande (44 segundos).

sábado, 18 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

Xa chegou o entroido e todos cambiamos a vestiduras e convertímonos en piratas, vikingos, carapuchiñas vermellas, pinochos, pastores, super héroes, princesas, califas,...disfrutamos dunha deliciosa merenda a base de filloas, orellas e para rematar esta esquísita xornada todo o colexio representou o conto do mercado persa, na que ían facendo a súa aparición os distintos persoaxes (camelos, mercaderes, mendigos, califas, princesas, saltimbanquis). Tamén bailamos un montón coas cancións máis actuais.

O AIRE OCUPA ESPACIO

Os científicos de 3 anos realizaron as súas propias hipóteses sobre si o aire ocupaba ou non espacio. Houbo respostas de todo tipo pero despois de realizar os seguintes experimentos chegaron a conclusión de que efectivamente o aire si ocupa espacio. Dora explicounos o seu experimento. Introducindo o vaso cun guante na auga comprobamos que este se hinchaba. En consecuencia o aire que había dentro do vaso pasou ao guante e este foi o resultado. Do mesmo xeito introducindo unha servilleta dentro do vaso e este sumerxindoo dentro da auga observamos como a servilleta non se mollaba.

 

PAPIRO

Como todos sabedes o papel non existía no tempo dos persas e polo tanto, para comunicarse por escrito empregaban entre outros materiais a pedra e o papiro. O papiro era feito de follas de vexetais, e nós fixemos o noso papiro particular a partir de papel de periódico, e este foi o proceso:

ANTONI TÀPIES

Antoni Tápìes é un artista vanguardista da época da postguerra. Pintor e escultor expresa un interés pola materia, a terra, o polvo, os átomos e as partículas, que se plasma formalmente no uso de materiais de refugallo e na experimentación de novas técnicas. Recentemente fallecido quixemos dende a clase de 3 anos facerlle unha pequena homenaxe.



martes, 14 de febrero de 2012

domingo, 5 de febrero de 2012

A FORZA DO AIRE

Esta semana traballamos a forza do aire, no primeiro experimento intentamos mover diferentes rotuladores, lápices e tarxetas a través do soprido e tamén empregando unha palliña.
No seguinte experimento como convertimos o aire en vento. Fixemos burbullas de aire dentro da auga e tamén unha forte oleaxe.
 
A continuación intentamos crear diferentes formas divertidas e creativas simplemente soprando a través dunha palliña.
 

E xa para finalizar a xornada máis científica, creamos un avión a reacción, e botamos unha carreira para comprobar si avanzaba máis o globo ou nosoutros.