jueves, 31 de marzo de 2011

O CICLO DA AUGA

Para finalizar co proxecto imos centrarnos no ciclo da auga. Para iso contamos coa colaboración de Leila que nos trouxo un conto con diferentes actividades para facer. Fixemos un experimento que examinaremos ao longo dos días, veremos o proceso de evaporación da auga salgada, convertida en auga doce. Realizamos as ondas do mar a través do vento que emitimos nos mesmos e tamén reproducimos a formación dun chafarís.

No hay comentarios:

Publicar un comentario