Despois de traballar o concepto de flotación aproveitamos para averiguar que ocorría se botamos un ovo na auga, certamente se afunde, pero se lle engadimos sal o ovo finalmente flota. A explicación a que chegamos é que a auga salgada ten máis densidade que auga doce.
A continuación empregamos aceite, alcohol e auga para descubrir cal dos líquidos ten máis densidade. ¡SORPRESA! Sabíades que a auga é máis densa que o aceite? Si botamos auga e aceite o aceite flota. Pero si engadimos aceite ao alcohol, o aceite queda sumerxido. ¡Podedes comprobalo!
Que sorte teñen estes nenos e nenas de poder experimentar e ver os cambios que se van producindo! Gracias Oliva por preparar estas clases tan chulas!!
ResponderEliminar