jueves, 31 de marzo de 2011

O CICLO DA AUGA

Para finalizar co proxecto imos centrarnos no ciclo da auga. Para iso contamos coa colaboración de Leila que nos trouxo un conto con diferentes actividades para facer. Fixemos un experimento que examinaremos ao longo dos días, veremos o proceso de evaporación da auga salgada, convertida en auga doce. Realizamos as ondas do mar a través do vento que emitimos nos mesmos e tamén reproducimos a formación dun chafarís.

domingo, 27 de marzo de 2011

CONSERVAR A CHOIVA E COCIÑAR



Esta semana decidimos buscala la maneira de deixar pegadas da choiva que se aveciñou estos últimos días. Iniciamos o tema do ciclo da auga na clase de primeiro de Primaria e o continuaremos ao longo das vindeiras semanas. Aproveitando que tíñamos fariña na clase que mellor que pasar unha xornada superdivertida amasando e cocendo diferentes figuriñas que logo decoraremos nos días seguintes.

DÍA MUNDIAL DA AUGA, 22 DE MARZO

Na biblioteca do centro a Aula de Medio Ambiente decidiu organizar unha xornada científica entorno a experimentos relacionados coa auga. Aproveitando que infantil estamos co proxecto da auga empregando o método científico, ¡que mellor idea que poñelo en práctica!

viernes, 25 de marzo de 2011

lunes, 21 de marzo de 2011

IMÁNS

Daniel Deza quixo a semana pasada "facer ciencia" para iso trouxo unhos imáns cos que puidemos realizar distintas actividades.

lunes, 14 de marzo de 2011

¿ONDE ATOPAR AUGA?

Nunha primeira actividade fomos polo colexio buscando e descubrindo onde podíamos atopar auga. Despois pensamos en lugares onde podemos encontrar auga e que non temos na escola nin preto dela. Deste xeito foi como xurdiu a idea de construir un pozo de barrena dentro da nosa aula.



Posted by Picasa

ABSORCIÓN

Despois de buscar diferentes materiais pola aula, fixemos hipóteses, comprobamos e teorizamos sobre a capacidade de absorción dos mesmos.


SEMANA DA MULLER TRABALLADORA

Podemos visualizar o conto no seguinte enlace Rosa Caramelo



sábado, 5 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Este ano no Entroido tivemos unha pequena representación dos pobos do mundo: Indios, chinos, Mexicanos e Brasileiros.

INVESTIGANDO NO LABORATORIO

Este xoves fomos ao laboratorio do cole. A profe Carmen e os nenos de Secundaria realizaron unhas prácticas moi interesantes e divertidas: unha brúxula con auga, corcho e unha agulla, un volcán en erupción, un ovo que por arte de maxia se introduciu nun matraz, líquidos de distinta densidade. ¡Moitas gracias! por poder contar coa vosa colaboración.

Posted by Picasa

martes, 1 de marzo de 2011

A DENSIDADE DOS LÍQUIDOS

Despois de traballar o concepto de flotación aproveitamos para averiguar que ocorría se botamos un ovo na auga, certamente se afunde, pero se lle engadimos sal o ovo finalmente flota. A explicación a que chegamos é que a auga salgada ten máis densidade que auga doce.



A continuación empregamos aceite, alcohol e auga para descubrir cal dos líquidos ten máis densidade. ¡SORPRESA! Sabíades que a auga é máis densa que o aceite? Si botamos auga e aceite o aceite flota. Pero si engadimos aceite ao alcohol, o aceite queda sumerxido. ¡Podedes comprobalo!

Posted by Picasa