A clase das tartarugas desexa a toda a comunidade educativa (pais/nais, profesorado e personal non docente) do C.P.I. MONTE CAXADO unhas ¡FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO!
sábado, 17 de diciembre de 2011
viernes, 16 de diciembre de 2011
jueves, 8 de diciembre de 2011
MURAL DE NADAL
Os nenos de Infantil elaboraron este fermoso mural con ánimo de desexar un BO NADAL a toda a comunidade educativa. Os de cinco anos realizaron as casiñas, os de catro as árbores e nosoutros os bonecos de neve e o toque final, ¡agora veredes!.
sábado, 3 de diciembre de 2011
PREPARATIVOS PARA O NADAL
Como o Nadal estase achegando, na nosa clase estamos moi atarefados en elaborar murais, carteis, en dispoñer todos os medios para que tanto Papa Noel como os Reis Magos esteñan satisfeitos co noso traballo e dese xeito saiban recompensarnos.
CUMPLE DE MANUEL, SARA PRIETO, ÉRIKA E CYNTHIA
Este xoves pasado celebramos o aniversario destes catro nen@s que xa teñen tres aniños, ¡¡OS MEUS PARABÉNS!!. Pasámolo xenial, fixemos un biscoito, palmeriñas ou máis ben roliños de hoxaldre. A verdade e que estaba todo tan bo que non deixamos nin a proba para os que se achegaron a aula seguindo o rastro do ulido.
sábado, 26 de noviembre de 2011
miércoles, 23 de noviembre de 2011
viernes, 18 de noviembre de 2011
PLANTAMOS NOCES
Dentro do proxecto do Outono decidimos ir a plantar noces. Tendo en conta que xa traballamos a Nogueira con anterioridade e en relación co calendario de A.M.A. agora teremos que esperar unhos mesiños para poder ver medrar a nosa árbore no viveiro do colexio.
CÍRCULO E TRIÁNGULO
Despois de recoller as follas e seleccionalas pola súa forma triangular ou circular facemos unha composición ata formar ditas formas xeométricas.
MURAL DO OUTONO
CONTINUAMOS ELABORANDO O MURAL e para iso utilizamos un material de refugallo moi barato, botade unha ollada!!!
lunes, 14 de noviembre de 2011
domingo, 13 de noviembre de 2011
TRABALLAMOS O NOME
Seguindo o método constructivista estivemos traballando o nome
empregando a plastilina como recheo das letras.
HOXE FROITOS SECOS
Despois de transformarnos en esquíos e ir na procura de froitos secos agochados polos recantos da clase, que mellor que disfrutalos dándonos un gran banquete de noces e cacahuetes.
viernes, 4 de noviembre de 2011
O MAGOSTO
Fixemos un cucurucho para as castañas asadas un pouco diferente.
Decoramos as coroas de castaña por parellas. Quedáronnos chulísimas e ademáis foi moi divertido.
E finalmente, para rematar a festa comemos as palmeriñas que fixemos onte no cumpleanos, as castañas asadas e o batido que nos trouxeron os pais da A.N.P.A.
Sen olvidar os divertidos xogos que tivemos despois do recreo e que organizou o profe Pedro.
jueves, 3 de noviembre de 2011
CUMPLE DE XALO, XOEL, FERNÁN E SARA MEIZOSO
sábado, 29 de octubre de 2011
O SAMAÍN
Decoramos as cabazas, disfrazámonos terroríficamente e finalmente festexamos o Samaín na biblioteca. A profe Ángeles leunos un conto de medo O Bosque e coa profe Marita bailamos moitas cancións divertidas de mounstros, de esqueletes,... e coa Teacher Ángeles cantamos unha canción en Inglés. Pasámolo xenial!!!
jueves, 27 de octubre de 2011
martes, 25 de octubre de 2011
A TARTARUGA JORGE
O SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Para a conmemoración do Samaín, Rosendo a mascota da Biblioteca, solicitou axuda aos nen@s, pais e nais para decorala terroríficamente e mirade que ¡pantasmas máis fermosos!, o caracol Rosendo seguro que vai estar moi orgulloso dos vosos traballos. ¡¡moitas gracias!!
O SAPOCONCHO
Despois de investigar, Sara Prieto descubriu unha especie de tartaruga que podemos atopar ao lado dos rios en Galicia chamada Sapoconcho, e non se nos ocorreu mellor idea que facer unha reproducción "casi exacta" cos envases dos ovos.
sábado, 22 de octubre de 2011
BRAULIO A NOSA MASCOTA
jueves, 20 de octubre de 2011
A TARTARUGA LOLA
lunes, 17 de octubre de 2011
CONCURSO DE MICOLOXÍA
O concello das Pontes organiza un concurso de Micoloxía no que participan os colexios realizando fermosos e elaborados traballos. Nos para non quedar rezagados comezamos a poñernos mans á obra para realizar un cogumelo xigante.
A NOGUEIRA
A Aula de Medio Ambiente do Montecaxado organiza o concurso do calendario no que se inclúen traballos realizados polos nen@s. Nosoutros temos que facer un traballo relacionado coa Nogueira. E que mellor que dirixirnos á procura de unha para poder coñecela de preto.
Tamén temos que incluir refráns ou ditos populares nos que a Nogueira esté presente.
miércoles, 12 de octubre de 2011
SOMOS TARTARUGAS
Como xa coñecemos máis cousas sobre as tartarugas decidimos comportarnos como elas:nos agochamos dentro do caparazón, desplazamos a catro patas,...eleximos ser distintos tipos de reptís, serpes, cocodrilos,...
CHARLA SOBRE TARTARUGAS
Javier o irmán de Sara Meizoso visitou a nosa clase para darnos unha charla moi interesante sobre as características xerais das Tartarugas e en particular sobre a súa tartaruga Tamara. Resultou moi amena xa que os nen@s coñeceron de que se alimentaba, e para sorpresa de todos descubrimos que comía de todo ata Xamón York.
lunes, 3 de octubre de 2011
A TARTARUGA XIGANTE
Fixemos un mural dunha Tartaruga enorme, investigando atopamos datos de tartarugas que podían chegar a medir uns dous metros de altura, comparamos e medimos e este foi o resultado.
PROXECTO A TARTARUGA
Comezamos o curso co proxecto das Tartarugas; xa que despois de diferentes votacións decidimos poñer o nome da Clase das Tartarugas. Neste intres estamos na procura de información, os nen@s están achegando á aula traballos fermosísimos, libros moi interesantes, debuxos moi bonitos,... e así iniciamos a a investigación.
Ademáis tivemos unhas visitas moi especiais, Pepa e Tamara quixeron estar presentes na nosa aula, ¡¡descubrimos que ámbalas dúas eran femias!!:
miércoles, 28 de septiembre de 2011
VISÍTANNOS UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS
Hoxe tivemos un visita moi especial; nenas de 1º da E.S.O. sorprendéronnos cun conto precioso Cocorico, disfrutamos moitísimo xa que incluso fixemos un debuxo do conto e agasálloronnos cun bonito barquiño de papel. ¡Moitas gracias, voltade cando queirades!
lunes, 26 de septiembre de 2011
martes, 20 de septiembre de 2011
viernes, 16 de septiembre de 2011
O PERIODO DE ADAPTACIÓN
Rematado o periodo de adaptación, imos facer unha pequena lembranza das actividades introductorias que estes nen@s fixeron na súa recente chegada ao cole; con asambleas iniciamos a mañá, a continuación facemos un pequeno traballo de mesa, tomamos as merendas, xogamos un pouquiño nos recunchos e para rematar a xornada lemos un conto chulísimo que nalgunhas ocasións acompañamos de cancións.
martes, 13 de septiembre de 2011
domingo, 4 de septiembre de 2011
REUNIÓN XERAL
O vindeiro mércores ás 10:30 terá lugar a reunión xeral en Educación Infantil. Trataranse diferentes puntos de interere para os pais e nais dos nen@s que inician un novo ciclo.É unha primeira aproximación na que se achegan diferentes temas de vital importancia para que o periodo de adaptación e a escolarización sexa o máis idónea posible para os nen@s.
sábado, 18 de junio de 2011
VISITA Á CLASE DE TECNOLOXÍA
Este xoves fomos invitados polo profesor Daniel a súa clase de tecnoloxía, quedamos abraiados coa multitude de traballos que alí tiñan os nenos da ESO. Estes nenos foron uns verdadeiros anfitrións polo grata atención recibida pola súa parte. E por se fora pouco agasalláronnos cun disco de Newton. Asímesmo, mostráronnos o funcionamento:
-Dunha grúa.
-Dun ascensor.
-Dun circuito con interruptores.
-Uns coches diseñados por eles.
-Das ferramentas coas que traballan.
¡FOI UNHA VISITA INESQUECIBLE! MOITAS GRACIAS.
-Dunha grúa.
-Dun ascensor.
-Dun circuito con interruptores.
-Uns coches diseñados por eles.
-Das ferramentas coas que traballan.
¡FOI UNHA VISITA INESQUECIBLE! MOITAS GRACIAS.
lunes, 13 de junio de 2011
RELOXO SOLAR
Fixemos un reloxo de Sol e averiguamos cal era a hora solar. Ainda que o Sol se asomou tímidamente credes que o noso reloxo marca as mesmas horas?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)