Este xoves fomos invitados polo profesor Daniel a súa clase de tecnoloxía, quedamos abraiados coa multitude de traballos que alí tiñan os nenos da ESO. Estes nenos foron uns verdadeiros anfitrións polo grata atención recibida pola súa parte. E por se fora pouco agasalláronnos cun disco de Newton. Asímesmo, mostráronnos o funcionamento:
-Dunha grúa.
-Dun ascensor.
-Dun circuito con interruptores.
-Uns coches diseñados por eles.
-Das ferramentas coas que traballan.
¡FOI UNHA VISITA INESQUECIBLE! MOITAS GRACIAS.
Temos moita sorte con estos compañeiros que comparten o seu traballo e permiten aos seus alumnos que dediquen un tempo a ensinar aos máis pequenos. A ver se nos contaxiamos todos destas boas prácticas! Moitos bicos.
ResponderEliminar