Rematado o periodo de adaptación, imos facer unha pequena lembranza das actividades introductorias que estes nen@s fixeron na súa recente chegada ao cole; con asambleas iniciamos a mañá, a continuación facemos un pequeno traballo de mesa, tomamos as merendas, xogamos un pouquiño nos recunchos e para rematar a xornada lemos un conto chulísimo que nalgunhas ocasións acompañamos de cancións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario