lunes, 28 de junio de 2010

GRADUACIÓN

O día 18 de xuño tivemos a graduación dos nen@s de cinco anos. Foi un día moi especial e emocionante xa que en certo modo significa despedida e salto a unha nova etapa na que os nen@s abandonan a máis tenra infancia por unha nenez que terán que compartir cos maiores. Na cerimonia estivemos acompañados dos pais, nais, avoas e os nen@s de tres e catro anos, comenzamos cun baile ao que lle sucedeu un pequeno discurso de agradecemento pola colaboración mantida ao longo do ano. Acontinuación tivo lugar a entrega de orlas coa colocación da correspondente banda como símbolo dunha fase xa superada. Para finalizar tivemos un merenda na cafetería organizada pola ANPA. ¡¡¡Graciaaas por un ano inesquecible!!!


2 comentarios:

  1. Estivo todo moi ben. Felicidades a tódos os nenos e nenas que xa van para primaria. As profes de Infantil non os esqueceremos e desexamos que sigan tan felices e simpáticos coma sempre. Moitos bicos.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa a todos estes nenos e nenas pola sua graduación. Lémbrome cando chegaron ao cole con tres aniños e mira agora...
    Vémonos en setembro na primeira planta do cole,vale?. Un biquiño.
    Angeles a "teacher"

    ResponderEliminar