Neste momento e para rematar o curso escolar estamos a levar a cabo un miniproxecto sobre o proceso de cultivo e elaboración do pan. Esta actividade vai incluída dentro das prantas e o motivo de elexir este tema foi o entusiasmo amosado polos nen@s durante a saída na que un dos obradoiros seleccionados foi a elaboración do pan e o traballo na horta. Comenzamos sementando o trigo no mes de maio e para iso tivemos que subir a máquina do tempo na que retrocedimos varios anos atrás cando todavía a labor do home e da muller era a única forza de traballo. A continuación e xa no mes de xullo do mesmo ano tivemos que segalo cos fouciños.
Canto traballan e canto aprenden estos nenos e nenas de cinco anos! Noraboa a todos e en especial noraboa á profe Oliva que lle pon tanto entusiasmo a todo o que fai.
ResponderEliminarAngeles "a teacher"
Están simpatiquísimos. Parecen os galegos, dos que falaba Rosalía, que iban segar a Castela. Aprenden e á vez divírtense, como me dicía Carla o outro día: "Cando teña un fillo vouno apuntar neste colexio". Dá gusto oir iso.
ResponderEliminarDá gusto velos . Seguide sempe así. Unha actividade fermosa: tradición, natureza, un oficio milenario. Un modo de por en valor todo o "noso" dende as raíces e a inocencia desta idade.
ResponderEliminarUn bico enorme.
Creo que non pode haber mellores labregos nin máis fermosos. Están impresionantes.Eu non só quixera mandar ao meu fillo a "ese colexio", quixera ir eu para aprender a aprender facendo cousas tan divertidas.
ResponderEliminar