lunes, 28 de junio de 2010

GRADUACIÓN

O día 18 de xuño tivemos a graduación dos nen@s de cinco anos. Foi un día moi especial e emocionante xa que en certo modo significa despedida e salto a unha nova etapa na que os nen@s abandonan a máis tenra infancia por unha nenez que terán que compartir cos maiores. Na cerimonia estivemos acompañados dos pais, nais, avoas e os nen@s de tres e catro anos, comenzamos cun baile ao que lle sucedeu un pequeno discurso de agradecemento pola colaboración mantida ao longo do ano. Acontinuación tivo lugar a entrega de orlas coa colocación da correspondente banda como símbolo dunha fase xa superada. Para finalizar tivemos un merenda na cafetería organizada pola ANPA. ¡¡¡Graciaaas por un ano inesquecible!!!


viernes, 11 de junio de 2010

CUMPLE DE JUAN, JESÚS E IKER

¡FELICIDADES! a estes nenos que están a punto de cumplir seis aniños. Neste día tan especial tivemos moitas sorpresas, piñata, xogos, coa axuda das nais fixemos un biscoito e nai de Juan trouxo unha tarta de queixo. Estaba todo ¡boísimo! pois deixamos os pratos totalmente limpos. Mentres tiñamos o doce no forno tamén amasamos pan que levamos para a casa para o xantar, veredes que boa pinta ten.
Posted by Picasa

martes, 1 de junio de 2010

DO TRIGO AO PAN

Continuando co proxecto é despois de sementar e segar o trigo investigamos sobre a malla e as ferramentas que utilizaban os nosos antergos, ante a imposibilidade de levar o trigo a un muíño decidimos moelo na clase e aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo.



Neste momento e para rematar o curso escolar estamos a levar a cabo un miniproxecto sobre o proceso de cultivo e elaboración do pan. Esta actividade vai incluída dentro das prantas e o motivo de elexir este tema foi o entusiasmo amosado polos nen@s durante a saída na que un dos obradoiros seleccionados foi a elaboración do pan e o traballo na horta. Comenzamos sementando o trigo no mes de maio e para iso tivemos que subir a máquina do tempo na que retrocedimos varios anos atrás cando todavía a labor do home e da muller era a única forza de traballo. A continuación e xa no mes de xullo do mesmo ano tivemos que segalo cos fouciños.