miércoles, 1 de diciembre de 2010

O BARCO DE LUIS SEOANE

Con motivo da conmemoración do centenario de Luis Seoane pintor, escritor, gravador,...dende a Biblioteca do centro propuxe levar a cabo unha actividade entre todo o centro, que consistirá básicamente en empregar os seus cadros para elaborar un conto xigante que tivese unha temática centrada no Nadal. Os nen@s de cinco elexiron unha lámina dun barco no medio dunha forte marexada, foi moi divertido impregnarnos de témpera, ceras,... e este foi o resultado:

jueves, 18 de noviembre de 2010

sábado, 6 de noviembre de 2010

CANCIÓN DO OUTONO

LUIS SEOANE

Este ano que está a punto de rematar é o centenario Luis Seoane no seguinte video recóllese un pequena biografía do que significou este escritor, pintor,...

martes, 2 de noviembre de 2010

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Bruxas, meigas, esqueletes, momias,... achegáronse á biblioteca. Foi unha semana terrorífica algúns nen@s de infantil e primaria pintaron un mural e participaron na decoración da Biblioteca do terror. Achegouse en especial a malvada Bruxa Regañadentes que quixo lerlles o seu conto predilecto, ¡espero que non tivesedes moito medo!.

lunes, 25 de octubre de 2010

miércoles, 20 de octubre de 2010

lunes, 28 de junio de 2010

GRADUACIÓN

O día 18 de xuño tivemos a graduación dos nen@s de cinco anos. Foi un día moi especial e emocionante xa que en certo modo significa despedida e salto a unha nova etapa na que os nen@s abandonan a máis tenra infancia por unha nenez que terán que compartir cos maiores. Na cerimonia estivemos acompañados dos pais, nais, avoas e os nen@s de tres e catro anos, comenzamos cun baile ao que lle sucedeu un pequeno discurso de agradecemento pola colaboración mantida ao longo do ano. Acontinuación tivo lugar a entrega de orlas coa colocación da correspondente banda como símbolo dunha fase xa superada. Para finalizar tivemos un merenda na cafetería organizada pola ANPA. ¡¡¡Graciaaas por un ano inesquecible!!!


viernes, 11 de junio de 2010

CUMPLE DE JUAN, JESÚS E IKER

¡FELICIDADES! a estes nenos que están a punto de cumplir seis aniños. Neste día tan especial tivemos moitas sorpresas, piñata, xogos, coa axuda das nais fixemos un biscoito e nai de Juan trouxo unha tarta de queixo. Estaba todo ¡boísimo! pois deixamos os pratos totalmente limpos. Mentres tiñamos o doce no forno tamén amasamos pan que levamos para a casa para o xantar, veredes que boa pinta ten.
Posted by Picasa

martes, 1 de junio de 2010

DO TRIGO AO PAN

Continuando co proxecto é despois de sementar e segar o trigo investigamos sobre a malla e as ferramentas que utilizaban os nosos antergos, ante a imposibilidade de levar o trigo a un muíño decidimos moelo na clase e aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo.



Neste momento e para rematar o curso escolar estamos a levar a cabo un miniproxecto sobre o proceso de cultivo e elaboración do pan. Esta actividade vai incluída dentro das prantas e o motivo de elexir este tema foi o entusiasmo amosado polos nen@s durante a saída na que un dos obradoiros seleccionados foi a elaboración do pan e o traballo na horta. Comenzamos sementando o trigo no mes de maio e para iso tivemos que subir a máquina do tempo na que retrocedimos varios anos atrás cando todavía a labor do home e da muller era a única forza de traballo. A continuación e xa no mes de xullo do mesmo ano tivemos que segalo cos fouciños.

miércoles, 26 de mayo de 2010

PROXECTO DAS PRANTAS

Para iniciar o proxecto os nen@s trouxeron un montón de sementes (pipas de xirasol, pipas de cabaza, claveis, clavelón da india, taxetes, xeranio, garabanzos, lentellas, fabas,...) que decidiron prantar no horto, na clase en macetas que fixeron de barro e en tarrinas de queixo fresco.


VISITA A ALDEA NOVA

Nesta excursión fixemos un montón de actividades, traballamos no horto, regando, limpando as herbas, recoñecendo diferentes plantas aromáticas, estivemos dándolle de comer aos animais, amasando pan, fixemos uns boliños preñados e figuras de animais coa masa e tamén estivemos dentro dun planetario a través do cal nos achegamos ás estrelas,...

Posted by Picasa

martes, 18 de mayo de 2010

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2010

O día 13 de maio en conmemoración das letras galegas, este ano adicadc a Uxío Novoneyra, os nenos de 5 anos acordamos representar unha obra de Benardino Graña, Rata linda de Compostela. É unha adaptación da ratiña presumida pero contextualizada en Santiago, escollimos este conto en honor ao ano Xacobeo no que estamos. Espero que disfrutarades tanto coma nós e que vos gustara moitísimo.



sábado, 3 de abril de 2010

O PROXECTO DO CORPO HUMANO

Durante o segundo trimestre estivemos traballando sobre o proxecto do corpo humano, resultou moi interesante e os nenos e nenas implicáronse moitísimo xa que achegaron á clase un montón de información da que hoxe dispoñen a través de contos, DVDs, enciclopedias, esqueletes en tamaño natural,... A continuación vou expoñer algunhas das fotos das diferentes actividades que realizamos:

Fixemos murais do esquelete, dos músculos, do aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio,...


Tamén fixemos actividades de relaxación:


Do mesmo xeito traballamos os cinco sentidos:

lunes, 29 de marzo de 2010

VISITA Á CASA DOS PEIXES

Pasamos un mañá moi divertida e da que aprendemos un montón cousas que descoñecíamos sobre os peixes. Esta visita debemos agradecerlla a Voz Natura e a profe Fina Blanco que solicitou que as entradas fosen totalmente gratuitas. Estas son algunhas das fotos recollidas ¡espero que vos gusten!


Posted by Picasa

martes, 16 de marzo de 2010

ROSA CARAMELO



Neste enlace podedes visualizar o conto de Rosa caramelo.

martes, 9 de marzo de 2010

CUMPLE DE ANXO, ESTELA, LAURA, INÉS, ÁNGELA E ALEX.

Hoxe celebramos o aniversario do segundo trimestre, estos nenos e nenas xa teñen seis aniños ¡FELICIDADES!. Fixemos un montón de cousas cociñamos, xogamos, decoramos as coroas. Disfrutamos moito coa elaboración do biscoito e das palmeriñas, estaba todo boísimo. Coa axuda das nais e dunha avoa, que nos trouxeron os ingredientes, tivemos que amasar, remexer, botar azucre, fariña, ovos,...si estades interesados na receita falade con calquera de nosoutros, os maiores de infantil porque somos unhos expertos cociñeiros.




lunes, 15 de febrero de 2010

ENTROIDO 2010

Este ano tivemos dous días celebracións o primeiro día viñeron disfrazados todos os nenos/as de Educación Infantil das súas casas segundo as súas propias preferencias, ao día seguinte todo o colexio se disfrazou de hippies ¡estábamos guapísimos!. Realizáronse catro obradoiros de plástica, de maquillaxe, de baile e de xogos. Logo no pavillón tivo lugar a entrega dos premios das cartas de San Valentín, foi un día moi completo pero moi divertido. A continuación vos amoso unha serie de fotos desta celebración: