O mércores pasado todo o cole fixo un treito do Camiño Norte dende a rúa Porta de Cima ata a ponte do río Magdalenano km 118. Finalmente tomamos o tentempé no muíño do Rañego para rematar a nosa andaina no cole. Visitamos o albergue da Pedreiras, encantóunos, onde nos selaron a credencial, a tenda de alimentación Prestes que nos selaron e nos agasallaron cun paraugas de chocolate. Pasamos por diante da Torre dos Andrade, da igrexa Parroquial de Vilalba e empredimos de novo o camiño ata o noso destiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario