martes, 2 de junio de 2020

QUE SERÁN, SERÁN??



Ola peques!! o outro día fun ao cole un ratiño pequeno e deume moita tristura ver o cole tan soíño, sen nenos e en especial sen os meus nenos. Cal foi a miña sorpresa que ao subir ao primeiro andar o cole non estaba tan solitario como eu pensaba, había unhos pequeniños seres que  xa non son tan pequeniños porque Marta se encarga de coidalos moito para que medren e esteñan ben gordiños e fermosos. 

A verdade (non llo contedes a ninguén) e que Marta xa nos mandara unha foto destes pequerrechos que cando marchamos en Marzo eran simplemente puntiños negros e agora xa son grandotes, grandotes,...quen serán, serán?



Sí, son VERMES DA SEDA, a que son chulis. Seguro que opinades coma min. Ireivos mostrando fotos da súa evolución e por suposto da súa metamórfose.


No hay comentarios:

Publicar un comentario