Os botánicos máis expertos do noso cole, que xa non están con nosoutros porque son supermaiores. Realizaron toda esta serie de experimentos que queren compartir con vós e que podedes realizar nas vosas casas para facer a estancia máis levadeira.
Ao primeiro chameino Airiños de Primavera, e consiste en debuxar o noso entorno primaveral con pincel e pintura, pero sin apoiar as mans nin o corpo. O papel pode estar suspendido nunha corda ou cordel da roupa deixando que o vento faga a súa función.
No seguinte experimento os botánicos demostraron a importancia do Sol para a realización da fotosíntese nas plantas. Colleron dous recipientes iguais onde botaron lentellas enriba de algodón que día a día foron humedecendo. A diferencia e que un recipiente estivo recibindo a luz do solar e outro estivo todo o tempo agochado nun armario na absoluta penumbra. Observade o resultado.
Os botánicos que cuidan moito a imaxe fixeron auga de rosas. Botaron pétalos de rosas nunha pota cunha pouquiña auga e puxérona a macerar e quentar. Coaron esa auga para un bote e polas mañas botábana no cutis para realizar sesión de maxases e para ter unha pel tersa e relucinte.
Plantaron en diferentes recipientes.
Reproduciron o cadro dos Xirasois de Van Gohg.
Realizaron en barro unha maceta utilizando como molde unha tarrina de queixo fresco.
Tamén cociñaron flores con masa de hoxaldre e nutella e como coincidiu co cumple dun neno aproveitamos para celebralo.
Comprobaron como as flores que eran totalmente blancas despois dunhos días en auga tintada con rotuladores vellos cambiaron de cor, co que confirmaron a súa hipótese de que as plantas absorven a auga que necesitan para vivir.
Plantaron lentellas tamén en pinaretas que regaban diario.
Esperamos que vos gusten. Unha aperta enorme para vós e outra enorme para este peques tan maiores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario