domingo, 31 de mayo de 2020

BICHOS, BICHIÑOS

Ola peques!! Propóñovos unha serie de manualidades con rolos de papel, pedras, pratos de plásticos ou de papel,...xa sei que estades moi cansadiños pero por si vos aburrides nalgún momento do día e vos apetece argallar vos deixo estas ideas. SI QUEREDES COMPARTIR COS VOSOS COMPAÑEIROS E PROFE ALGUNHA FOTO DAS COUSIÑAS, XOGOS, EXPERIMENTOS, MANUALIDADES, FICHAS,... QUE LEVADES FACENDO DURANTE ESTA TEMPADA TAN LONGA, enviádema que eu encantada as publicarei no blogue.














domingo, 24 de mayo de 2020

BICHOS. CANCIÓN

BICHOS E FLORES. MATERIAL IMPRESO


Ola peques e papás!! Achego este material por si vos interesa, como complementario  do anterior. Mañá podedes recollelo nas librarías. Unha aperta enorme a estes nenos tan traballadores.




martes, 12 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano o día das Letras Galegas adícanse a RICARDO CARBALLO CALERO. Na web do cole podedes atopar diferentes recursos como actividades Lim, xogos, anacos da súas obras literarias, biografía...Preme na imaxe.

BOTÁNICOS

Os botánicos máis expertos do noso cole, que xa non están con nosoutros porque son supermaiores. Realizaron toda esta serie de experimentos que queren compartir con vós e que podedes realizar nas vosas casas para facer a estancia máis levadeira.


Ao primeiro chameino Airiños de Primavera, e consiste en debuxar o noso entorno primaveral con pincel e pintura, pero sin apoiar as mans nin o corpo. O papel pode estar suspendido nunha corda ou cordel da roupa deixando que o vento faga a súa función.


No seguinte experimento os botánicos demostraron a importancia do  Sol para a realización da fotosíntese nas plantas. Colleron dous recipientes iguais onde botaron lentellas enriba de algodón que día a día foron humedecendo. A diferencia e que un recipiente estivo recibindo a luz do solar e outro estivo todo o tempo agochado nun armario na absoluta penumbra. Observade o resultado.
 Os botánicos que cuidan moito a imaxe fixeron auga de rosas. Botaron pétalos de rosas nunha pota cunha  pouquiña auga e puxérona a macerar e quentar. Coaron esa auga para un bote e polas mañas botábana no cutis para realizar sesión de maxases e para ter unha pel tersa e relucinte.



Plantaron en diferentes recipientes.
En medias con terra e césped.

en catiuscas ou botas.

en botes de leite.


Plantaron Xirasois nun bote que eles mismos decoraron.

Reproduciron o cadro dos Xirasois de Van Gohg.

Realizaron en barro unha maceta utilizando como molde unha tarrina de queixo fresco.


Tamén cociñaron flores con masa de hoxaldre e nutella e como coincidiu co cumple dun neno aproveitamos para celebralo.


Comprobaron como as flores que eran totalmente blancas despois dunhos días en auga tintada con rotuladores vellos cambiaron de cor, co que confirmaron a súa hipótese de que as plantas absorven a auga que necesitan para vivir.
 Plantaron lentellas tamén en pinaretas que regaban  diario.


Tamén xerminaron a semente dun augacate. 
Esperamos que vos gusten. Unha aperta enorme para vós e outra enorme para este peques tan maiores.



lunes, 11 de mayo de 2020

ABN

No blogue de Marquirell nos ofrecen máis propostas para traballar ABN NA CASA. pinchade no enlace e teredes acceso ao pdf.


domingo, 10 de mayo de 2020

OS BICHOS E A PRIMAVERA. MATERIAL IMPRESO





Ola peques e familias!!! como afortunadamente xa temos un pouquiño máis de contacto coa natureza. Deíxovos este material impreso para que o traballedes na casa si así o credes convinte. En calquera caso,  aconsello que intentedes combinar algún dos vídeos e cancións que tedes no blogue, coa realización da ficha ou fichas para evitar que resulte tan tedioso a realización das tarefas. Unha aperta.
Lembrade que podedes recollelo nas librarías.




ZUMBA, ZUMBA LAS ABEJAS. CANCIÓN

BARNEY Y LOS INSECTOS

BICHOS ROCK

LOS INSECTOS

miércoles, 6 de mayo de 2020

viernes, 1 de mayo de 2020

RICITOS DE ORO Y LOS TRES OSOS

LOS TRES OSOS. CUENTO

CASAS DEL MUNDO. CUENTO

MANUALIDADES DOS TRES PORQUIÑOS

Se nalgún momento do día vos apetece facer unha manualidade con rolos de papel hixiénico, platos, cartóns de leite, guantes,...deíxovos estas ideas.