sábado, 28 de marzo de 2020

SUXESTIÓNS ABN

Consciente do aburrido que pode resultar facer fichas desconexas de números, deixovos un enlace dun blogue no que aparecen perfectamente secuenciaciados os pasos a seguir na metodoloxía ABN e ademáis empregou materiais que todos temos nas casas. 
MOI RECOMENDABLE, O BLOGUE DE MARQUIRELL, buscade o apartado de tres anos.

Traballamos moito na RECTA NUMÉRICA que podedes debuxar no pasillo da casa, e dar saltiños enriba dos números. Coller un dado e ir colocando no número que corresponda. Pode axudarvos os vídeos e fotos subidas ao blogue.

CONTEO DE BONEQUIÑOS, PEDRIÑAS, PAOS DE XEADOS, colocados en diferentes disposición. En línea recta, desornados, en cruz, en círculo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario