Hoxe comezamos coa primeira xornada en medicina. Nesta ocasión centrámonos primeiramente no esqueleto xa que nesta semana foi o que estivemos traballando.
No primeiro experimento collimos unhas costelas e botámoslles vinagre. Despois de facer a nosas hipóteses observaremos pasados uns días que é o ocorre e si acertamos nas teorías formuladas.
A continuación quixemos notar e escoitar o noso corazón. Fixemos unhas carreiras e...ía moi rápido!!!
Agora escoitamos o corazón cos Fonendoscopios e medimos a nosa con tensión e pulsacións cos tensiometros. Estamos feitos unhos expertos!!!
Como esta semana estivemos traballando o esqueleto, nesta xornada fumos traumatólogos e tivemos que atender a diversas fracturas de osos.
FRACTURA DE CÚBITO E RADIO
FRACTURA DE FÉMUR
FRACTURA DE HÚMERO
TRAUMATISMO CRÁNEO-ENCEFÁLICO.
FRACTURA DE CÚBITO E RADIO
No hay comentarios:
Publicar un comentario