sábado, 30 de septiembre de 2017
O RATIÑO PEREZ
O venres tivemos unha sorpresa increíble o Ratiño Perez escribiunos unha carta que deixou na casa de Aroha. Tamén deixou un xogo no que tivemos que diferenciar que alimentos lles gustan aos dentes e cales non. Houbo quen dixo que non estaba de acordo co Ratiño que había que comer de a feito!!.
Ante as dúbidas que nos xurdiron acordamos esta semana investigar sobre a hixiene bucodental.
viernes, 29 de septiembre de 2017
RELAXACIÓN
O máis importante para o desenvolvemento de calquera actividade e o equilibrio entre corpo e mente.
O NOSO HOSPITAL
Xa temos o noso Hospital en marcha con todos os medios a nosa disposición.
Hoxe comezamos coa primeira xornada en medicina. Nesta ocasión centrámonos primeiramente no esqueleto xa que nesta semana foi o que estivemos traballando.
No primeiro experimento collimos unhas costelas e botámoslles vinagre. Despois de facer a nosas hipóteses observaremos pasados uns días que é o ocorre e si acertamos nas teorías formuladas.
A continuación quixemos notar e escoitar o noso corazón. Fixemos unhas carreiras e...ía moi rápido!!!
Agora escoitamos o corazón cos Fonendoscopios e medimos a nosa con tensión e pulsacións cos tensiometros. Estamos feitos unhos expertos!!!
Como esta semana estivemos traballando o esqueleto, nesta xornada fumos traumatólogos e tivemos que atender a diversas fracturas de osos.
FRACTURA DE CÚBITO E RADIO
FRACTURA DE FÉMUR
FRACTURA DE HÚMERO
TRAUMATISMO CRÁNEO-ENCEFÁLICO.
FRACTURA DE CÚBITO E RADIO
lunes, 25 de septiembre de 2017
ESCÁNER
A máquina de última xeración que estivemos fabricando xa está en marcha. Comezamos vendo o corpo por fóra para ir avanzando pouco a pouco hacia os órganos internos. Aquí vos deixo as primeiras probas diagnósticas de imaxe realizadas co noso escáner particular.
Primeiro estamos vestidiños con roupa de última moda e moi discreta:
Agora estamos espidiños, e fai moito frío:
JOAQUIN SOROLLA
Para motivar o inicio do proxecto partimos dunha pintura que amosa o corpo espido duns nenos na plaia e que nos lembra o verán que fai nadiña que deixamos atrás. Mirade que artistas!!!
jueves, 21 de septiembre de 2017
ESCÁNER
Todos podemos visualizar o noso corpo por fóra, pero para poder observalo por dentro precisamos dunha máquina de última xeración e nos estamos traballando nela.
Aquí vos deixo un adianto.
NOVOS XOGOS MATEMÁTICOS
Recordamos o trazo do número 1.
Facemos carreiras de números.
Traballamos a pinza, o conteo e ao mesmo tempo relacionamos a cantidade co número correspondente.
O CORPO CON MIGALLAS
Os nenos do Víctor Seoane quixeron compartir este vídeo tan chulo. Moitas grazas.
lunes, 18 de septiembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)