martes, 26 de abril de 2016

ENSALADA DE LEITUGA

Os nenos de tres anos despois de plantar no invernadoiro leitugas tiveron a oportunidade de preparar unhas saborosas ensaladas coas mesmas que eles mismos coidaron. Mirade que boa presentación!!! 

Primeiro lembramos que hai que lavar moi ben a verduriña para o seu consumo.
Despois troceámola no plato, aliñámola con aceite e vinagre e disfrutamos do seu sabor acompañadoa dun cachiño de pan.

Por participar na plantación de leitugas e na elaboración da ensalada todos somos merecedores dun TENEDOR DE OURO.

A maiores os campións que tiveron a valentía de comer toda a ensalada levaron un medallón dun TENEDOR DE OURO xigante.

1 comentario:

  1. Encántame ver a estes pequenos agricultores disfrutar de cando plantaron e agora comendo a leituga. Un bicazo para vós.

    ResponderEliminar