Elaboramos o mural das Rebaixas para dar a coñecer os produtos que se poñen a venda. Este proxecto ten sentido dende o punto de vista da Lóxica-matemática. Xa que se relaciona número-cantidade, se familiarizan coas moedas e billetes e comezan a asocialos ao prezo correspondente. O importante é que sexan conscientes de que as matemáticas forman parte das nosas vidas diarias e que non están presentes soamente nas fichas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario