jueves, 20 de marzo de 2014
GRADUACIÓN DA CLASE DAS TARTARUGAS
Estes nen@s encheron de sorpresas un día tan especial e tan emotivo. Moitas gracias por eses fermosos agasallos feitos con tanta dedicación e agarimo. Non vos esqueceirei nunca!!!
lunes, 17 de marzo de 2014
CUMPLE DE NICOLÁS, KEVIN, ANXO E ADRIÁN
Un aniño máis teñen estes nenos que xa cumpliron o sexto aniversario. Coa axuda das mamás se fixeron unhos boliños preñados de xamón, queixo, chocolate e salchicha que estaban boísimos.
XOGO SIMBÓLICO
Durante o xogo simbólico continuamos nas rebaixas, comprando roupa,complementos, probando novos modelos cun estilo único,...
jueves, 20 de febrero de 2014
ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de febreiro se celebra o día de Rosalía de Castro. Nosoutros estamos ensaiando un dos poemas máis famosos, Adios rios, Adios fontes, poderedes vernos recitando na tele.
TENSIÓN SUPERFICIAL
No primeiro experimento elaboramos zapateiros que flotaban xuntiños nun primeiro momento e despois de botar unha gota de xabrón na auga separáronse rompendo así tensión superficial da auga.
No segundo experimento botamos pimenta na auga e cun dedo impregnado en xabrón tamén conseguimos romper a tensión superficial.
No segundo experimento botamos pimenta na auga e cun dedo impregnado en xabrón tamén conseguimos romper a tensión superficial.
lunes, 10 de febrero de 2014
miércoles, 29 de enero de 2014
PRESIÓN ATMOSFÉRICA
Comprobamos a presión atmosférica simplemente empregando un bote de cristal, auga e unha tapa dun CD.
MURAL DAS REBAIXAS
Elaboramos o mural das Rebaixas para dar a coñecer os produtos que se poñen a venda. Este proxecto ten sentido dende o punto de vista da Lóxica-matemática. Xa que se relaciona número-cantidade, se familiarizan coas moedas e billetes e comezan a asocialos ao prezo correspondente. O importante é que sexan conscientes de que as matemáticas forman parte das nosas vidas diarias e que non están presentes soamente nas fichas.
VISITA AO CASTELO DE MOECHE
A pasada semana visítamos o Castelo de Moeche que data do século XIV. Nel vivía unhos señores feudales xunto co seus servos. Estivemos coñecendo a distintas estancias, a torre Homenaxe, o patio de armas, o adarve, o lugar da casa dos servintes, a mazmorra, a cociña, o salón de banquetes,...
Botade unha ollada, veredes que chulo!!!
Botade unha ollada, veredes que chulo!!!
martes, 21 de enero de 2014
COMEZAN AS REBAIXAS
O comercio Tartaruga está a punto de abrir a súas portas. Previamente hai que organizar a roupa, zapatos e complementos, así como elaborar os carteis coas ofertas desta tempada.
Mentras uns elaboraban o mural da PAZ outros organizan as caixas e as bolsas.
ABSORCIÓN DOS MATERIAIS
A semana pasada na xornada máis científica comprobamos o poder de absorción dos materiais.
viernes, 17 de enero de 2014
OS TRES ALPINOS
A profe Ángeles quixo deixar un bo recordo traballando ata o último día. Moitas gracias!!!
lunes, 13 de enero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)