lunes, 14 de octubre de 2013

VISITAMOS O MERCADO

No proxecto dos peixes non podería faltar a visita a peixería. Dirixímonos ao mercado municipal das Pontes onde nos atenderon moi amablemente e observamos moi variados peixes (merluzas, sardiñas, salmóns;..), crustáceos (centolas) e cefalópodos (polbo, chipirón e chocos). Resultou moi divertido este paseo no que fumos acompañados dalgunhas nais que axudaron tamén a tomar nota dos prezos dos diferentes produtos do mar. Gracias pola vosa colaboración.

1 comentario:

  1. Esta saída ademais de divertida foi moi enriquecedora, polo moito que aprendestes. Que ben vos portades! Observando con tanto interés, escoitando, apuntando os nomes e o precio, canto traballo! E que ben o fixestes! Noraboa!. Moitos bicos.

    ResponderEliminar