Na primeira xornada máis científica adicada aos estados da auga, centrámonos na evaporación. Cun espello e unha pota fervendo de auga comprobamos o proceso de condesación. A auga evaporada se condesaba no espello no que podíamos practicar as grafías das letras. Además experimentamos a través do corpo como se comportan as moléculas no estado líquido, gaseoso e sólido.
sábado, 26 de octubre de 2013
XOGOS DE MESA
Nesta xornada coa axuda dalgunhas nais levamos a cabo diferentes xogos de mesa que todos temos nas nosas casas. O obxetivo e que os nen@s tomen conciencia dos números, da suma, e xeral, da importancia das matemáticas que non soamente están presentes nunha ficha ou nun cuaderniño.
O BINGO
O PARCHÍS
OS BOLOS
O DOMINÓ
lunes, 21 de octubre de 2013
lunes, 14 de octubre de 2013
VISITAMOS O MERCADO
No proxecto dos peixes non podería faltar a visita a peixería. Dirixímonos ao mercado municipal das Pontes onde nos atenderon moi amablemente e observamos moi variados peixes (merluzas, sardiñas, salmóns;..), crustáceos (centolas) e cefalópodos (polbo, chipirón e chocos). Resultou moi divertido este paseo no que fumos acompañados dalgunhas nais que axudaron tamén a tomar nota dos prezos dos diferentes produtos do mar. Gracias pola vosa colaboración.
O PEIXE CANTANTE
Coma sempre a pintura e a arte forma parte da nosas actividades escolares. Nesta ocasión escollimos a Miró para interpretar e reproducir o seu cadro do peixe cantante, quedáronos moi simpáticos.
miércoles, 9 de octubre de 2013
ÁREA
Aproveitando que estamos co proxecto dos peixes e que este ano temos que iniciarnos nas letras minúsculas. Que mellor idea que comenzar a facer os primeiros trazos con área da plaia xa que resulta máis atractivo e motivante que unha ficha de repasar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)