Hoxe observamos o Sol a través dun carrete de fotos. Comprobaron que non era como eles o imaxinaban (amarelo e con raios) e que non se correspondía coas súas hipóteses.
Tamén debuxamos a nosas sombras por parellas. Marcamos a sombra da fonte da auga e observamos como ao saír ao recreo a sombra cambiara de posición. A conclusión a que chegamos e que ese cambio se debeu ao movemento de rotación da terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario