lunes, 29 de abril de 2013

SEGANDO

Os nen@s de 4 e 5 anos xunto coa profe Ángeles traballaron de sol a sol para segar a herba do horto, e así preparalo para a sementar.

miércoles, 24 de abril de 2013

SOL E SOMBRAS

Hoxe observamos o Sol a través dun carrete de fotos. Comprobaron que non era como eles o imaxinaban (amarelo e con raios) e que non se correspondía coas súas hipóteses.

 Tamén debuxamos a nosas sombras por parellas. Marcamos a sombra da fonte da auga e observamos como ao saír ao recreo a sombra cambiara de posición. A conclusión a que chegamos e que ese cambio se debeu ao movemento de rotación da terra.
.

lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Esta semana celebraremos o día do libro dun xeito moi especial. ¡¡As mamás ou papás van vir a escola a lernos un conto!!.

sábado, 20 de abril de 2013

LOS SIGNOS DEL ZODIACO

LAS CONSTELACIONES

LA LUNA ANIMACIÓN EN 3D

TEO AMOSA O SEU TRABALLO EN A.L.

Coa profe Belén, Teo estivo facendo encaixes, identificando o material da clase e asociando o nome coa súa correspondente imaxe, e xa para rematar a sesión deleitou a mestra léndolle un conto.



jueves, 18 de abril de 2013

MÁIS DOCUMENTACIÓN

Os astrónomos durante proceso de investigación continúan buscando documentación que poñen en común para todos os compañeir@s.





INFORMACIÓN ACHEGADA Á CLASE

Antes de comezar a profundizar no proxecto, moitos nen@s achegaron información, pero soamente os máis valentes da clase se atreveron a falar diante da camara.

SUPERFICIE DOS PLANETAS

Sabemos que a maioría dos planetas teñen na superficie cráteres. Nosoutros quixemos reproducir o planeta Marte, Plutón, Neptuno e Mercurio con cola blanca, espuma de afeitar, area e diferentes cores.

miércoles, 17 de abril de 2013

VISITA AO PLANETARIO

Hoxe estivo no cole un planetario, foi de gran interese tendo en conta que xa somos unhos grandes-pequenos astrónomos. Reforzamos e descubrimos novos datos sobre o Universo.

DESPEGA O COHETE

Por fin despega a nave espacial, xa estamos inspeccionando o mundo máxico do espacio.

lunes, 15 de abril de 2013

I ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA

Este fin de semana Ángeles, a profe de galego de Secundaria e máis eu asistimos a estas xornadas que merece a pena salientar polo proveitoso que resultou escoitar a estes fantásticos conferenciantes. É importante reflexionar sobre a nosa práctica educativa, e poñer o noso graniño de area para intentar cambiar o fracaso escolar e a exclusión social que tanto preocupa a toda a comunidade escolar. 

Centros educativos como comunidades de aprendizaxe.

D. José Ramón Flecha García (Catedrático da Universidade de Barcelona. Doctor Honoris causa pola Universidad de Timisoara).



Un paso decisivo, de infantil a primaria

D. Miguel Ángel Santos Guerra (Doutor da Educación, catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade de Málaga).



OS PLANETAS

Cada nen@ elexiu elaborar un planeta e este é o resultado.



PTERANODOM

Para o concurso de reciclaxe organizado por A.M.A. elaboramos este dinosaurio tan chulo.

miércoles, 3 de abril de 2013

martes, 2 de abril de 2013