miércoles, 24 de octubre de 2012

O APARATO RESPIRATORIO

Nun primeiro momento comezamos a sesión máis científica cunha actividade de relaxación.

A continuación na clase de cinco fixemos diferentes talleres ou recunchos tendo en conta os diferentes órganos do aparato respiratorio. ¿Por onde entra o aire? ¿Cal é a función das fosas nasais? Botade un ollo e veredes que fan as nosas fosas nasais de 4 e 5 anos.

A continuación decidimos escoitar o corazón e a entrada do aire nos pulmóns. Neste recuncho somos médicos.



No seguinte experimento reproducimos a entrada do aire nos pulmóns. A través dos globos e dunha botella na que observamos como o dilatarse o diafragma (guante) o pulmón (globo) se hinchaba mentras que cando se contraía o músculo o pulmón tamén se desinflaba.


Por último como bos ciruxanos puxémonos a diseccionar a lingua, larinxe, tráquea, bronquios, pulmóns e alveolos. Observamos tamén como era o corazón e o fígado e onde está situado no corpo humano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario