jueves, 18 de octubre de 2012
O COMEMEDOS
Un ano máis a equipa da Bibliocaxado pon en marcha os preparativos para o Samaín. Comezamos por Infantil a elaborar o COMEMEDOS. Participaremos todo o colexio na realización desta actividade que ten como finalidade erradicar para sempre todos eses medos que nos atemorizan. ATREVÉDESVOS A PARTICIPAR!!!!
miércoles, 17 de octubre de 2012
APARATO RESPIRATORIO
Durante o primeiro mes de embarazo investigamos cales son os órganos que se forman no incipiente bebé e descubrimos que eran os pulmóns e o corazón. Por iso agora imos deternos no aparato respiratorio e no aparato circulatorio.
jueves, 4 de octubre de 2012
ESPERMATOZOIDES E ÓVULOS
Representamos o momento da fecundación. Os nenos elexiron ser cromosoma X ou Y e como xa sabemos as nenas son o cromosoma X. Puxemos unhas pegatinas no mandilón e no momento que comezou a música os espermatozoides foron correndo, correndo a buscar ao óvulo para bailar. Como hai moitos máis espermatozoides que óvulos algúns quedaron a medio camiño.
Da fecundación resultou que algúns saíron nenas e outros saíron nenos.
APARATO REPRODUCTOR FEMININO E MASCULINO
Para comprender todos estes términos tan complexos relacionados coa reproducción primeiro é preciso estudar as diferentes partes do aparato reproductor masculino e feminino e as súas funcións. Veredes cantas cousas sabemos que non vos podedes nin imaxina!!!
miércoles, 3 de octubre de 2012
A VISTA
Comezamos a nosa andadura científica explorando o CORPO HUMANO. Concretamente iniciamos o proxecto polos sentidos; elaboramos hipóteses sobre que ocorrería se non tivesemos o sentido da vista. Vivenciamos as dificultades con que se atopan os cegos nos desplazamentos, na identificación de obxetos, de persoas, os obstáculos que teñen que superar para practicar algún deporte,...
Logo dirixímonos a clase de Ángeles cos antifaces nos ollos para levar a cabo diferentes xogos xunto cos nenos de cinco anos.
Identificamos diferentes obxetos, adiviñamos que nen@ se escondía dentras do antifaz, lanzamos pelotas co obxetivo de golpear aos móviles (abelliñas) que estaban colgados do teito.
lunes, 1 de octubre de 2012
INFORMACIÓN DE ÚLTIMA HORA
Despois de falar con Ángeles de 5 anos, e ante o interese amosado por ambas partes de continuar na mesma liña investigadora. Acordamos trasladar a xornada científica aos martes pola mellor coincidencia de horarios. Disculpade as molestias e non vos preocupedes polos mandilóns o importante e poder contar cos científicos.
Un saúdo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)