En xuño a profe Ángeles estivo con nós axudándonos a plantar tomates, calabacíns, sandías, pementos,...por fin chegou o día da colleita. Disfrutamos moito recollendo fabas, lentellas, tomates e garabanzos. Despois de ir ao horto debullamos as fabas, e os garabanzos e tamén mallamos nas lentellas.
A min pareceume unha experiencia fantástica, todos os nenos e nenas de catro e cinco anos implicáronse moito, notábase que lles gustaba. Unha boa maneira de acabar o ciclo das plantas. Aprenderon cousas novas pero sobre todo a relacionarse e compartir experiencias que é a maneira de aprender. Moitos bicos. Son todos boísimos/as!.
ResponderEliminar