sábado, 29 de septiembre de 2012

NENO OU NENA

Despois de estudar as diferencias anatómicas existentes entre o neno e nena, fixemos o seguinte mural.

VISITA DA MAMÁ DE FERNÁN

Como a mamá de Fernán está no seu último més de embarazo decidimos convidala a nosa clase,  e que nos falase de todos eses aspectos relacionados co tema que nos ocupa. Descubrimos que o tamaño do bebé nun principio e tan pequeno que precisaríamos un microscopio, que con dous meses terá o tamaño dunha faba, e agora que xa está casi de nove meses o bebé que ten na barriga terá un tamaño como os reciéns nacidos que coñecemos (Enma e Carlota). Moitas gracias pola túa axuda!!! esperamos que pronto estes de volta con Xandre.

ECOGRAFÍAS E INFORMACIÓN

Así eramos nós nas barriguiñas das nosas mamás. Encontrades o parecido?

Tamén aportamos información moi valiosa para o noso proxecto. 


miércoles, 26 de septiembre de 2012

martes, 25 de septiembre de 2012

miércoles, 19 de septiembre de 2012

JOAQUÍN SOROLLA



Comezamos o proxecto de Onde vimos?, e que mellor oportunidade que empregar un cadro de Joaquín Sorolla que leva por título O baño para iniciarnos na investigación e descubrimento do corpo humano. Veredes que grandes artistas son os nenos de catro anos!!!!


lunes, 17 de septiembre de 2012

OS FROITOS DO HORTO

En xuño a profe Ángeles estivo con nós axudándonos a plantar tomates, calabacíns, sandías, pementos,...por fin chegou o día da colleita. Disfrutamos moito recollendo fabas, lentellas, tomates e garabanzos. Despois de ir ao horto debullamos as fabas, e os garabanzos e tamén mallamos nas lentellas.

lunes, 10 de septiembre de 2012

BENVIDOS AO NOVO CURSO


Comeza a conta atrás para o novo curso escolar, estamos todos moi ansiosos por coñecer aos novos amigos, proxectos, aventuras,... 

O primeiro día de escola será o vindeiro mércores, día 12 de setembro dende as 10:00 horas ata as 11:30.