ESTADO LÍQUIDO-SÓLIDO
O xoves pasado os nenos de tres e catro ano observamos como a auga e o leite están en estado líquido. O leite despois dun experimento un pouco cheirento pasou a estado sólido. Despois de fervelo e botarlle vinagre conseguimos unha masa dura que nos permite modelalo.
Mentras se evaporaba o soro do leite elaboramos un volcán con barro que imos facer erupcionar en días vindeiros.
Xa nos parecía a nós que algo estaban a facer os nosos científicos, e non precisamente un pastel, porque o olor que subía polas escaleiras... En fin, mereceu a pena porque o experimento é do máis interesante. Viva a ciencia! Agora solo nos queda esperar á erupción dese volcán.Xa me contaredes.
ResponderEliminarUn biquiño da "teacher".