A profe Ángeles tiñanos preparada esta sorpresiña no seu blog. E nos copiámolo xa que é fantástico ver as cariñas dos nen@s frente a un volcán a punto de erupcionar.
miércoles, 30 de mayo de 2012
VISITA AO BAÑAL
Nesta visita organizada por A.M.A. pasámolo xenial! Xogamos un montón, abonamos unhos arbustos, queríamos
voltar ao día seguinte. O ano vindeiro comprobaremos o que medraron as árbores.
PLANTAMOS NO HORTO
Gracias a profe Ángeles puidemos plantar no horto calabacíns, tomates cherry e sandías. Tódolos días estamos pendentes de regar. ¡Moitas gracias Ángeles! compartiremos con vós os nosos froitos.
sábado, 26 de mayo de 2012
DEDALERA, MILICROQUE OU FLOR DE SAN XOÁN
Xairo nos trouxo moitas flores de San Xoán, divertímonos estoupándoos na cabeza, pero tamén quixemos facer arte. Unhos fermosos cadros no que se combinaron diferentes figuras xeométricas con siluetas de animais. ¡Quedaron chulísimos!
TEAS DE SEDA
Observamos o conto dos vermes de seda e despois decidimos elaborar unhos creativos diseños a partir dunha delicadas teas de seda.
VOLCÁN EN ERUPCIÓN
miércoles, 16 de mayo de 2012
martes, 15 de mayo de 2012
lunes, 14 de mayo de 2012
PLANTAMOS NO HORTO
Os nenos de catro están experimentando coas plantas. Teñen un montón de sementes de calabaza, melón, garabanzos, fabas,...e quixeron compartilas con nós. Agora veredes!
miércoles, 9 de mayo de 2012
V CERTAME DAS BOLIQUEIRAS
O pasado venres asistimos a unha fermosa obra cunhos monicreques moi simpáticos. Tamén recollimos o premio do que estamos moi agradecidos e satisfeitos, moitas gracias.
domingo, 6 de mayo de 2012
ESTADO LÍQUIDO-SÓLIDO
O xoves pasado os nenos de tres e catro ano observamos como a auga e o leite están en estado líquido. O leite despois dun experimento un pouco cheirento pasou a estado sólido. Despois de fervelo e botarlle vinagre conseguimos unha masa dura que nos permite modelalo.
Mentras se evaporaba o soro do leite elaboramos un volcán con barro que imos facer erupcionar en días vindeiros.
miércoles, 2 de mayo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)