Hoxe DÍA MUNDIAL DA AUGA combinamos o proxecto do aire coa auga. Tivemos a compañía da mamá de Manuel que nos estivo axudandos a realizar unhos muíños de vento ben chulos. Ademáis fixemos un experimento no que tiñamos que comprobar si a botella estaba chea de aire ou non. Sopramos un papeliño intentando introducilo dentro da mesma e foi imposible xa rebotaba contra o aire interior e saía expulsada. En conclusión, si que podemos afirmar que hay aire dentro da botella.
En relación co proxecto que nos ocupa saímos a fóra a xogar non soamente cos muíños de vento senón tamén coas pompas de xabrón, Un suave soprido, xabrón, auga e glicerina, e este é o bonito e divertido resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario