jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

Esta semana celebramos o día da poesía especialmente adicado a Rosalía de Castro e a Alvaro Cunqueiro. Os nen@s da miña clase non quixeron perderse esta celebración e achegaron unhas poesías fermosísimas, descubrimos que entre nós temos tamén ¡pais e nais poetas!. Fernán ilustrou a súa poesía con un teatro moi simpático de monicreques dun galo e un pita.


MUÍÑO DE VENTO E POMPAS DE XABRÓN

Hoxe DÍA MUNDIAL DA AUGA combinamos o proxecto do aire coa auga. Tivemos a compañía da mamá de Manuel que nos estivo axudandos a realizar unhos muíños de vento ben chulos. Ademáis fixemos un experimento no que tiñamos que comprobar si a botella estaba chea de aire ou non. Sopramos un papeliño intentando introducilo dentro da mesma e foi imposible xa rebotaba contra o aire interior e saía expulsada. En conclusión, si que podemos afirmar que hay aire dentro da botella.

En relación co proxecto que nos ocupa saímos a fóra a xogar non soamente cos muíños de vento senón tamén coas pompas de xabrón, Un suave soprido, xabrón, auga e glicerina, e este é o bonito e divertido resultado.



jueves, 15 de marzo de 2012

CUMPLE DE NICOLÁS, KEVIN E ADRIÁN

¡¡FELICIDADES!! a estes nenos que son os maiores da clase e que xa cumplen catro aniños. ¡Pasámolo xenial! as nais trouxeron feita unha tarta de chocolate e flan que estaba boísima. E na clase os nen@s fixeron unhas galletiñas de noces e pepiñas de chocolate deliciosas. Botaron os ingredientes, remexéronos e finalmente ao forno, non perdades ollo do proceso e do resultado.


miércoles, 14 de marzo de 2012

NO NIÑO NOVO DO VENTO

Este fermosa poesía versionada por Amancio Prada é unha das máis coñecidas de Alvaro Cunqueiro.

ALVARO CUNQUEIRO


A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes convoca o V concurso "AS BOLIQUEIRAS". O tema desta edición é "ÁLVARO CUNQUEIRO". Nós adicarémoslle un espacio especial a través da poesía e dalgúns dos protagonistas máis simpáticos dos seus relatos.

CURTAMETRAXE : "ALISTÁN, O DEMO OVEIRO" INSPIRADA NOS PERSONAXES MÁXICOS DE ÁLVARO CUNQUEIRO. Preme na imaxe ou no nome do protagonista, e observarás as comprometidas situacións polas que tivo que pasar para solventar o seu cheirento problema.

jueves, 8 de marzo de 2012

PLANTAMOS CEBOLAS NO INVERNADOIRO

Hoxe o profe Paco levounos ao invernadoiro a plantar cebolas e observamos como tamén xa había plantadas unhas leitugas.A Aula de Medio Ambiente está traballando un montón para que antes de final de curso poidamos degustar unha saborosa ensalada.

O PESO DO AIRE

Os científicos de 3 anos do Monte Caxado despois de facer a súas hipóteses sobre si aire pesa, decidiron comprobalas in situ a través da experimentación con globos. Globos inflados, desinflados, pesa máis un globo cheo de aire ou un trozo de plastilina?

AIRE QUENTE E FRíO

Para este experimento co que disfrutamos un montón decidimos invitar aos nen@s de catro anos. En primeiro lugar quentamos a auga e despois introducimos unha botella baleira de plástico cun globo no extremo e observamos como se hinchaba, en conclusión o aire quente e máis lixeiro e sube. A continuación introducíamola debaixo da auga fría e o globo se deshinchaba e incluso se succionaba hacia o interior da mesma, polo tanto o aire frío pesa. As diferentes presións entre o aire quente do interior e frío do exterior provocaron a succión do globo.

 

martes, 6 de marzo de 2012

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro commemórase o 175 centenario do nacemento de Rosalía de Castro e nos o celebramos con este fermoso poema de Adios rios, adios fontes.

TÀPIES E CORPO HUMANO

Antoni Tàpies en moitas das súas esculturas e cadros aparecen representados as partes do corpo. Empregando a súas técnicas plásticas adaptadas a noso nivel, tamén decidimos fixarnos no corpo humano. Os compoñentes da cabeza traballámolos  a través do cadro da mirada, así coma os elementos principais do tronco reproducindo a seguinte escultura.