Despois de traballar a evaporación, o olfato, e os distintos estados da auga, é o momento de preguntarnos a onde vai toda esa auga e alcohol que se evapora. Coa axuda de diferentes vídeos e toda esta serie de experimentos, dímonos conta de que existen diferentes partículas que ainda que non podemos apreciar coa vista están ahí que é o que chamamos moléculas que se forman a partir da unión de átomos. Por tanto porque non traballar a molécula da auga a través de xogos, visualización de vídeos e experimentos?. Cada nen@ como veredes elixiu ser un átomo de hidróxeno ou átomo de osíxeno, despois tiñan que combinarse ata formar a molécula de auga H2O, a continuación realizámola en plastilina.
Estás reflexando moi ben as actividades levadas a cabo por estes científicos/as. Están aprendendo a observar, a pensar e a facer hipóteses. Non importa tanto os resultados, o que importa é o proceso. Ademáis de aprender están pasándoo moi ben. Vale a pena continuar. Bicos.
ResponderEliminar