lunes, 21 de febrero de 2011

FLOTACIÓN

Os científicos do colexio, a semana pasada fixeron a súas hipóteses sobre a posible flotación dos distintos obxetos. Para iso organizáronse en equipos: o do metal (formado por Daniel Fornos, Lara, Xulián e Miguel ), o da madeira (composto por Mateo, Óscar e Andrea) e o equipo do plástico (dirixido por Erika, Noa e Daniel Deza). Veredes a continuación cal é o proceso e o seu resultado.

lunes, 14 de febrero de 2011

ESTADO LÍQUIDO-SÓLIDO

Os científicos máis expertos do Colexio Monte Caxado investigaron que ocurría coas moléculas de auga que pasaban do estado líquido ao sólido. Así mesmo teorizaron sobre que ocorría con todo ese líquido que se evaporaba do ambientador. Finalmente e despois dunha dura sesión na que desenvolveron as súas formulas e hipótesis científicas o científico Daniel elaborou pompas de xabrón a partir de auga, lavavaixelas e glicerina.

Posted by Picasa

lunes, 7 de febrero de 2011

MOLÉCULA DE AUGA

Despois de traballar a evaporación, o olfato, e os distintos estados da auga, é o momento de preguntarnos a onde vai toda esa auga e alcohol que se evapora. Coa axuda de diferentes vídeos e toda esta serie de experimentos, dímonos conta de que existen diferentes partículas que ainda que non podemos apreciar coa vista están ahí que é o que chamamos moléculas que se forman a partir da unión de átomos. Por tanto porque non traballar a molécula da auga a través de xogos, visualización de vídeos e experimentos?. Cada nen@ como veredes elixiu ser un átomo de hidróxeno ou átomo de osíxeno, despois tiñan que combinarse ata formar a molécula de auga H2O, a continuación realizámola en plastilina.




Posted by Picasa

EVAPORACIÓN E CONDESACIÓN DA AUGA, ACEITE E ALCOHOL

Nun primeiro momento establecemos hipóteses de cal é o primeiro líquido que se evapora, botamos en distintos pratos auga, aceite e alcohol e observamos durante diferentes días se a nosa resposta foi a acertada. Comprobámolo tamén nas mans, quentando a auga nunha pota, intentamos interpretar e darlle nome a esas gotiñas que quedan adheridas ao espello e a tapa da olla.

 
Posted by Picasa

Posted by Picasa

miércoles, 2 de febrero de 2011

HISTORIA DUNHA GOTA DE AUGA

En relación co proxecto da auga e a modo de introducción, visualizamos este vídeo que de un xeito simpático exemplifica todo o ciclo da auga e os distintos estados nos que a podemos atopar.